CLUB DE CIENCIA Destrezas

Xa estamos rematando a actividade de este curso e ainda que nos faltan algúns vídeos por subir, xa podedes ver aquí as destrezas que van acadando e mellorando @s nos@s alumn@s participantes este curso nas actividades que neste Blog vos imos relatando:

1.- Traballo de soldadura na placa perforada.

VÍDEO CLUB DE CIENCIA Curso 21_22 Soldadura na placa perforada.

Traballo fino de soldadura

2.-Miguel, traballando na botonera da máquina ARCADE

VÍDEO TRABALLO NA BOTONERA DA MÁQUINA ARCADE

Botonera máquina ARCADE

3.-Traballo na carcasa da máquina ARCADE: traballo coas ferramentas de conformado do Taller.

VÍDEO CONFORMADO MÁQUINA ARCADE Curso 21_22

Traballo mecanizado e conformado no Taller

CLUB DE CIENCIA Abril 2022 Arranxos varios

Máquina Arcade e arreglos a aparellos: teléfono antigo, traido de Alemania polo noso compañeiro o profesor de Física, Eduardo.

No taller sempre aparece pola porta algún compañeiro que precisa algunha ferramenta ou axuda para poñer a funcionar ou arranxar aparellos que atopan ou teñen na casa.

Eduardo nos trouxo un precioso teléfono antigo de Alemania, analóxico claro, cando visitou Berlín e pedíulle a Antonio que o puxera a funcionar. Unha vez arranxado o probaron arriba en conserxería.., e funcionou perfectamente!! ca de anos que ten!

Imaxinades ter estos teléfonos todavía? eu teño un igual ca este funcionando inda na casa dos meus avós.

Fixádevos que o papel cos planos da instalación interna do teléfono estaba dentro do teléfono, e se conservou estupendamente..,despois de tantos anos!

O certo e que é precioso.

CLUB DE CIENCIA Febreiro 2022 Máquina ARCADE

MÁQUINA ARCADE

Nas sesións dos Luns no Club de Ciencia María Quicler e Esther Fraga axudan no traballo da construcción da máquina ARCADE.., xa vai collendo forma:

CLUB CIENCIA Xaneiro 2022

Seguimos traballando nos proxectos elexidos e imos avanzando coa estación meteorolóxica. Antonio Lago deseña a placa base que enviamos a unha empresa con sede en China para que nos envíe a placa perforada e preparada segundo o noso deseño.

A medida que van chegando ao taller os sensores e elementos que van a realizar as medidas vanse colocando na barra-soporte. Necesitamos adaptar a barra e argallamos as solucións de unión para cada peza.

Axúdanos José Antonio Fdez, profesor de Ciclos Formativos de Mecanizado do noso centro e excelente compañeiro, sempre disposto a botarnos unha man cando o precisamos.

CLUB DE CIENCIA Xaneiro 2022

LOGO DO CLUB DE CIENCIA

Como celebramos o 75 aniversario da creación do centro e temos un logo que o identifica, decidimos o cambio de imaxe do noso Club para que se identifique tamén co logo do centro. E claro, personalizamos todo o que podemos…!

CLUB DE CIENCIA: Comezamos a enviar medidas!

O noso prototipo de estación meteorolóxica leva 20 días enviando medidas recollidas.

Xa recibimos dende fai 20 días as medicións dos nosos sensores do prototipo de estación meteorolóxica:

  1. TEMPERATURA
  2. PRESIÓN ATMOSFÉRICA
  3. HUMIDADE
  4. Tensión da BATERÍA

Podes consultar aquí as medicións en tempo real recollidas:

ESTACIÓN METEOROLÓXICA IES Politécnico de Vigo

CLUB DE CIENCIA Novembro / Decembro 21

ACTIVIDADES

Comenzamos a construcción da ESTACIÓN METEOROLÓXICA.

Para empezar o traballo Antonio estivo explicando o funcionamento dos sensores e fixo unha demostración da recollida e posterior mostra das variables recollidas na web THINGSPEAK, que é onde se mostrarán en forma de gráficas para poder consultar o histórico das medidas recollidas.

Moi interesante..!!!

Dentro do alumnado participante este curso aproveitamos para felicitar a Daniel, que leva tres anos asistindo e está pendiente do Club todos os cursos, participando e traballando estupendamente. Estamos encantados co seu interese e esforzo. Aquí o vemos case o primeiro día que asistíu!

Agora xa é un profesional:

CLUB DE CIENCIA Outubro / Novembro 21

ACTIVIDADES

Comenzamos a retomamos o axuste do panel da máquina ARCADE de videoxogos. Temos participando este curso a alumnado de diferentes nivéis e cursos da ESO e alumnado de CICLOS FORMATIVOS, co que o grupo de traballo é moi variado e é moi interesante para nós, ver cómo traballan e se organizan est@s participantes tan interesados que temos este curso.

MÁQUINA ARCADE:

– Axuste e remate do panel frontal, botóns e joystick para cada xogador:

CLUB DE CIENCIA 21_22 Comenzamos a actividade!

ACTIVIDADES E CALENDARIO

Comenzamos este curso 2021-22 unha nova andaina no noso CLUB DE CIENCIA do Ies Politécnico de Vigo.

Este curso realizaremos as actividades do Club ou ben os Luns ás 18´30 h ou os Mércores ás 16 h das semanas indicadas no TABOLEIRO DO DEPARTAMENTO, que temos a carón do Taller 27. Alí publicaremos o horario MENSUAL de actividade, para que lle fagades unha foto e teñades recollidos os días de traballo de cada mes.

ESPERÁMOSTE.., este curso traballaremos en dous proxectos plantexados por Antonio Lago e sempre teredes no taller a axuda tamén do resto de integrantes do Departamento, Esther e María.

PROXECTOS:

  1. Rematar a MÁQUINA ARCADE DE VIDEOXOGOS que que comenzamos a facer o curso que nos fomos confinados para casa 2018-19 e tivemos que abandoar cando o traballo empezaba a poñerse interesante.
  2. CENTRAL DE METEOROLOXÍA para recoller os datos máis importantes relacionados co clima no noso entorno e tratamento dos mesmos para posteriormente subilos á web para consulta da comunidade educativa do noso Centro.

Crea una web o blog en WordPress.com

Subir ↑