Seguimos traballando nos proxectos elexidos e imos avanzando coa estación meteorolóxica. Antonio Lago deseña a placa base que enviamos a unha empresa con sede en China para que nos envíe a placa perforada e preparada segundo o noso deseño.
A medida que van chegando ao taller os sensores e elementos que van a realizar as medidas vanse colocando na barra-soporte. Necesitamos adaptar a barra e argallamos as solucións de unión para cada peza.
Axúdanos José Antonio Fdez, profesor de Ciclos Formativos de Mecanizado do noso centro e excelente compañeiro, sempre disposto a botarnos unha man cando o precisamos.













Deja una respuesta